FEXDEGA publica o listado de admitidos e excluídos no proceso de selección do novo xerente.
Data da nova: 15/07/2008
As listas que case unha vintena de aspirantes esperan, serán públicas mañá. A información poderá consultarse no taboleiro de anuncios da Fundación FEXDEGA e na súa páxina web, na sección "fundación", apartado "traballa connosco": http://www.fexdega.es/Traballa_en_fexdega.aspx
Os interesados disporán de dez días hábiles, a contar dende a data de publicación das listas, para presentar as reclamacións que consideren oportunas. Tras este prazo, o Tribunal valorará os méritos de cada un dos aspirantes admitidos e publicará as puntuacións obtidas.