Na penúltima fin de semana do campionato, retos e exhibicións altérnanse cos torneos.

Data da nova: 21/07/08

Andrés Adán, tres veces campión do mundo de tiratacos, e Miguel Vila, presidente de FEGADE e coorganizador do evento, fixeron as delicias dos presentes no Campionato Internacional de Dardos Electrónicos, con retos e exhibicións ao longo da fin de semana.

 

Realizáronse dende duelos un contra un ata demostracións do máis peculiar: Adán fixo xirar ata seis veces un cigarro cravado nunha das dianas cos dardos que voaban dende o seu tiratacos e venceu nun duelo un contra un a Vila, que cravou no centro da diana 23 dos 25 dardos que lanzou noutro dos desafíos.

 

No que respecta ás probas programadas, o equipo formado por Alejandro e Carlos, de Ferrol, logrou o primeiro posto no campionato internacional por parellas. Tamén un ferrolano, Fernando Bouza, conseguiu a primeira posición no Trofeo Internacional do Albariño. No Internacional Triplo Mixto o vencedor foi o equipo portugués formado por Luciano Cordeiro, Pablo Rúa e Fátima Vila.

 

A competición prolongouse o domingo ata a unha de madrugada.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca