GALAECIA.NET celebrarase este ano en FEXDEGA, co calendario máis completo da súa historia

Data da nova: 22/07/08

Del 8 ao 10 de agosto, FEXDEGA acollerá GALAECIA.NET 2008, a terceira edición da party arousana, coorganizada pola Fundación FEXDEGA e a Asociación SIL. Serán cincuenta e seis horas ininterrompidas de conexión en rede local e Internet, zona de acampada, duchas, talleres, conferencias, videoconsolas e concursos con regalos.

 

Os interesados en asistir co seu ordenador e participar en todas as actividades contan con 120 prazas gratuítas que xa se están empezando a encher. Os que só queiran asistir aos talleres e gozar das videoconsolas non terán que inscribirse previamente.

 

As charlas e talleres previstos ata o momento desenvolveranse na Sala de Conferencias de FEXDEGA, para maior comodidade dos asistentes. Ata o momento, confirmáronse os seguintes:

 

Servidores DNS

Vídeo dixital

Seguridade en redes WiFi

Blender/Inkscape (deseño con software libre)

Redes de comunicacións

Creación de blogs

Enxeñaría inversa

Telefonía 3 G

Musix

 

En canto aos concursos, están enfocados aos públicos máis diversos. Os máis versados en informática poderán participar no "Asalto á Bastilla" intentando saltarse os sistemas de seguridade para lograr conseguir as claves do servidor preparado para tal efecto.

Non faltarán as competicións de videoxogos de velocidade, destreza ou reacción e a fotografía dixital e o debuxo rápido tamén terán o seu campionato. Mesmo os menos familiarizados cos ordenadores poderán participar no "lanzamento de CD", unha "versión moderna" da petanca que en edicións anteriores causou sensación entre os asistentes.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca