Máis de dous mil trofeos esperan aos seus donos no Recinto Feiral FEXDEGA mentres se desenvolven as últimas probas do Campionato Galego e Internacional de Dardos Electrónicos que coorganizan FEXEGA e a Asociación Galega de Dardos Electrónicos (FEGADE). Durante a tarde do venres decidiranse os gañadores do Campionato Galego Individual Libre e o Campionato Galego Feminino. Os participantes poderán recoller as súas acreditacións a partir das cinco da tarde.


Pepo Suevos e Perfecto Sangiao presentarán a clausura do Campionato Galego e Internacional de Dardos

Data da nova: 24/07/08

Máis de dous mil trofeos esperan aos seus donos no Recinto Feiral FEXDEGA mentres se desenvolven as últimas probas do Campionato Galego e Internacional de Dardos Electrónicos que coorganizan FEXEGA e a Asociación Galega de Dardos Electrónicos (FEGADE). Durante a tarde do venres decidiranse os gañadores do Campionato Galego Individual Libre e o Campionato Galego Feminino. Os participantes poderán recoller as súas acreditacións a partir das cinco da tarde.

 

Xa o sábado, os 64 equipos clasificados para o Trofeo Copa do Sar enfrontaranse na final. As acreditacións poranse a disposición dos xogadores de catro a cinco da tarde. Ás cinco e media pecharase a quenda de adestramentos e o trofeo dará comezo ás seis.

 

A xornada festiva chegará o domingo a partir das sete da tarde. O actor e humorista Pepo Suevos e o locutor deportivo Perfecto Sangiao serán os encargados de poñer o punto e final ao campionato, presentando o acto de clausura e a entrega de trofeos que realizarán autoridades e patrocinadores. Miguel Vila, presidente de FEGADE, anunciou que haberá unha "actuación sorpresa" para amenizar a entrega de premios.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca