O Club Dimensión de Valga consegue o maior número de trofeos do Campionato de Dardos Electrónicos

Data da nova: 28/07/08

O Club Dimensión foi o máis nomeado na entrega de trofeos que o pasado domingo se celebrou no Recinto Feiral FEXDEGA. En segunda posición situouse o Club Ouzón, de Catoira, que terá tamén que facer espazo nas súas vitrinas para unha nada desprezable cantidade de galardóns.

Os 2.008 trofeos da tempada, valorados en 16.000 euros, foron entregados onte por representantes de diversos concellos e empresas patrocinadoras. Asistiron ao evento Xosé Castro Ratón, tenente alcalde de Vilagarcía, Rosa Abuín, edil de industria e xerente en funcións de FEXDEGA, Victoria Hierro, concelleira de deportes en Vilagarcía e Javier Quinta, edil de deportes en Pontecesures, entre outros.

O humorista e actor Pepo Suevos e o locutor de radio Perfecto Sangiao achegaron o toque de humor a unha cerimonia que se prolongou ata as once de noite. Suevos fíxoo por partida dobre xa que, ademais de presentar a gala, obsequiou ao público cun dos seus monólogos.

Miguel Vila, presidente da Asociación Galega de Dardos Electrónicos, valorou moi positivamente a participación nos torneos. Unhas 10.000 persoas asistiron, como xogadores ou público, ao Campionato Internacional de Dardos Electrónicos.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca