Esta tarde comezará en FEXDEGA o circuíto de charlas e talleres que acompañará a Galaecia.net durante a súa celebración. Non é necesaria a reserva de praza para asistir ás charlas e a participación é completamente gratuíta.
Ás catro da tarde celebrarase a primeira charla, que versará sobre enxeñaría inversa. Será un repaso ás técnicas empregadas para ver a base dos programas, como se fixeron e qué puntos fortes e débiles pode haber neles. Trátase dunha charla para usuarios avanzados en informática.
Algo máis tarde, ás cinco e media, será o momento de aprender como funciona a tecnoloxía 3 G que utilizan os nosos teléfonos móbiles para realizar e recibir videochamadas. Os poñentes falarán tamén dos tipos de antenas e demais elementos que interveñen no proceso.
Ás sete da tarde os asistentes aprenderán algo máis sobre Musix, unha distribución de Linux preparada para edición multimedia profesional que permite, de forma gratuíta, ter un estudio multimedia completo no seu ordenador.
O sábado pola mañá, de dez a doce, falarase sobre redes de comunicación, onde se poderá aprender o funcionamento de calquera rede de datos, incluída Internet.
Ás doce dará comezo a charla sobre servidores DNS e os participantes aprenderán a configurar e instalar un servidor que traduza unha ip cun nome, como sucede nas páxinas web, ás que adoitamos acceder a través de nomes doados de recordar, e non cunha sucesión de números.
Pola tarde, Ignacio de la Cierva, que xa impartiu cursos de vídeo dixital no Centro Multimedia de Galicia, falará do vídeo dixital. Como editar e montar e diferentes formas de aplicar efectos especiais.
A última conferencia do sábado, ás seis da tarde, versará sobre Blender e Inkscape, dous programas gratuítos para deseñar en tres dimensións e realizar debuxos vectoriais respectivamente.

Formación gratuita impartida por profesionales en Galaecia.net

Data da nova: 08/08/08

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca