Fexdega repartiu preto de 10.000 invitacións para visitar a feira en días laborables

Data da nova: 03/10/08

 A FUNDACION FEXDEGA leva repartido preto de 10.000 invitacións para visitar a feira nos días 9, 10 e 11 de outubro, isto é, o xoves, venres e sábado. Trátase dunha oferta pensada maioritariamente para grupos, asociacións de veciños, ANPAs e outras agrupacións aínda que tamén os expositores reciben este tipo de invitacións para repartir entre os seus clientes.

 

            Con esta iniciativa o que se pretende é acabar coas aglomeracións de público que se rexistran neste evento habitualmente o na última xornada feiral, ou sexa, a do domingo. A resposta dos grupos foi este ano maioritaria debido ao feito de que se incluiu na promoción a xornada do sábado. En total, son máis de medio cento os colectivos que pediron as invitacións.

 

            Veciños das comarcas de O Salnés, O Barbanza, O Morrazo, O Deza así coma de concellos da zona de Pontevedra acercaranse ao Recinto Feiral FEXDEGA para coñecer as novidades que se presentarán no variado Salón Multisectorial.

 

            En concreto téñense rexistrado solicitudes procedentes de distintos puntos de Forcarei, Catoira, Sanxenxo, Meis, Meaño, Vilanova, A Estrada, Moraña, Cangas do Morrazo e Cambados, así como de distintas parroquias e lugares de Vilagarcía

 

            Achegando esta promoción aos distintos colectivos veciñais, FEXDEGA pretende tamén recoñecer a labor social exercida polas distintas asociacións da zona. Colectivos veciñais, de Mulleres Rurais, Amas de Casa, agrupacións culturais ou asociacións de empresarios e comerciantes son algúns dos grupos que visitarán o Salón Multisectorial.

 

Promoción para turistas que soliciten servicios en hoteis e restaurantes da comarca

 

            Por outra banda, este ano esta campaña de captación de visitantes está reforzada por outra promoción destinada a hoteis e restaurantes cos que FEXDEGA mantén un convenio de colaboración. Deste xeito, o que se pretende é que as promocións cheguen aos turistas que visitan a comarca eses días, ben porque as datas coinciden coa festividade do Pilar,  porque acuden á Festa do Marisco ou porque simplemente pasan uns días de descanso na comarca nestas datas.

 

            Nesta edición poderanse ver mobles, automoveis, artesanía, menaxe de fogar, decoración, materiais de construcción, textil, alimentación, maquinaria de limpeza, tapizado, fiestras, sanitarios, piscinas, sillóns de masaxe ...

 

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca