Poderán participar 30 profesionais e servirá para que todos coñezan o producto ou servicio que ofertan os seus correligionarios

             


FEXDEGA acollerá unha ronda de negocios para expositores e empresarios

Data da nova: 06/10/08

             A Asociación de Profesionais Autónomos OAP-Galicia, en colaboración con la firma Magnafor Qualitas,  trae este ano á 39 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA, que terá lugar en Vilagarcía de Arousa do 9 ao 12 de outubro, unha iniciativa que permitirá aos empresarios asistentes á feira coñecer nun prazo dunha hora o resto dos productos que ofertan  no salón os seus correligionarios.  

 

            Básicamente a iniciativa consiste en reunir nunha sala a un grupo de empresarios divididos en dúas filas. Cada un dos membros destas filas explicará en dous ou tres minutos o producto ou servicio que trae á feira á persona que teña enfrente. Ambos profesionais intercambiaranse, ademáis, tarxetas de visita. Unha vez rematada esta explicación entre os dous membros enfrentados, cada un deles terá que explicarlle a súa temática ao seguinte, de xeito que nun prazo aproximado dunha hora ou hora e media todos poidan coñecer o producto dos demáis expositores. 

 

            Ao final da xornada cada un deles disporá de todos os contactos que teñen coñecido e así poderán aclarar as dúbidas ou retomar posibles negociacións cos seus interlocutores.  Neste caso, a ronda de negocio está pensada para 30 personas, ou sexa que, ao rematar, cada empresario terá feito contactos con 29 personas. O stand de OAP-Galicia ofertará máis información aos posibles interesados e tamén será ahí onde se formalicen as inscripcións dos participantes.

 

             A ronda de negocios terá lugar na tarde do venres, día 10 de outubro, entre as catro e as seis da tarde. Dado que é unha iniciativa don límite de asistencia,  calquera persona que desexe inscribirse antes do comezo da feira poderá facelo nas oficinas de OAP en Pontevedra.         

 

            Iniciativas semellantes a esta xa se están poñendo en marcha noutras feiras españolas. FEXDEGA divulgará a proposta dos autónomos de Pontevedra entre os expositores e acollerá o proxecto na sala de conferencias do Recinto coma unha iniciativa pioneira na comarca.   

 

            Por outro lado, FEXDEGA iniciou o pasado venres  a montaxe do salón multisectorial, que votará a andar o vindeiro xoves, día 9 de outubro e terá as portas abertas ata o domingo, día 12. 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca