A directora xeral de Comercio e a delegada provincial asistirán ao acto de inauguración da feira

Conferencias sobre seguridade laboral dinamizarán profesionalmente o salón multisectorial

Data da nova: 07/10/08

            A 39 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA que se inaugura o vindeiro xoves, día 9 de outubro, e permanecerá aberta ata o domingo día 12, estará chea de contidos formativos dirixidos a profesionais de distintos sectores. En concreto, haberá unha conferencia sobre materiais de construcción e xardinería e outra sobre prevención de riscos laborais e medio ambiente, así como unha ronda de negocios.

                       

            A actividade formativa dará comezo na xornada inaugural, o xoves. Está promovida pola firma ASEMACO e, neste caso, é un acto pechado que se dirixirá aos seus propios clientes. Esta conferencia, que se desenvolverá entre ás 16.00 e ás 21.00 horas, versará sobre materiais de construcción e xardinería.

 

            O venres, entre as 16.00 e as 18.00 horas terá lugar unha ronda de negocios para expositores e outros empresarios. E o sábado, ás 17.00 horas, terá lugar unha charla sobre prevención e riscos laborais, na que tamén se incidirá sobre temas de medio ambiente. A ponencia estará impartida por Mónica Ramos Diz, técnico superior en riscos laborais. Según sinalou a conferenciante, a actividade estará dirixida a empresas de calquer tamaño ou sector, xa que todos teñen a obligatoriedade de ter un sistema preventivo eficaz na súa empresa. Disertará tamén sobre o rexistro de empresas acreditadas para contratación e subcontratación, neste caso dirixida a empresas de construcción. Finalmente, Ramos Diz falará sobre a importancia da xestión global da empresa en termos de medio ambiente e calidade.  Esta ponencia estará aberta a tódolos empresarios que desexen acudir.

           

            O acto de inauguración da feira, que terá lugar ás 12.00 horas contará coa asistencia da directora xeral de comercio, Ana María Rúa Souto, e a delegada provincial de Innovación e Industria, Montserrat Prado Cores.   

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca