A feira abriu hoxe as súas portas cunha ocupación plena da nave feiral de FEXDEGA

Productos patentados e producidos en Arousa abren mercados en FEXDEGA MULTISECTORIAL

Data da nova: 09/10/08

A 39 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA abriu hoxe as súas portas con 3.600 metros cadrados de exposición, o que supón unha ocupación plena da nave feiral. Entre as propostas mais innovadoras que se poden atopar figuran modernos sistemas de cerramento que oferta a firma Extrugasa. Trátase de productos patentados e fabricados en Arousa e que se exportan a todo o mundo.

 

            Así, pódense atopar en FEXDEGA persianas que, sin chegar a subilas, aportan á vivenda un sistema de microventilación que, impide, ademáis, o paso de insectos. Outra patente creada en Arousa que se pode admirar na Feira Multisectorial é a persiana autoblocante que impide subila ou abrila dende o exterior.

 

            As innovacións desta empresa con departamento de I + D + i inclúen sistemas de cerramento con transmitancia térmica mínima o que significa que impiden a entrada de aire frío e a salida de calor do fogar. Na exposición de FEXDEGA esta firma mostra, asimesmo, pezas axeitadas ás peticións de clientes que abranguen a distintos sectores, dende enerxía solar ata o aeronáutico e todo tipo de transportes, tren, metro, automoción…    

 

            Na 39 Feira Multisectorial FEXDEGA obsérvanse ademáis novidades de outros sectores e incluso de institucións. É o caso da Consellería de Traballo que mostra o recién creado Instituto Galego de Seguridade Laboral, cos seus servicios. Participa tamén o Xacobeo, a Consellería de Educación e a Consellería de Medio Rural.  

 

             Tamén expoñen grupos de artistas plásticos, reunidos entorno a un proxecto común co que tratan de dar un empuxe hacia a comercialización das súas obras. Un estudio de arquitectura, antigüedades ou productos que ata o de agora so se podían ver na teletenda, son outras das novidades que se deixarán ver por primeira vez na Feira Multisectorial, na que tampouco faltarán os artigos de máis éxito noutras edicións, como é o caso das piscinas, o mobiliario de cociña, os automoveis, o mobiliario portugués e galego, ou os productos para o baño.

           

            A feira estará aberta dende as 12.00 ata as 21.00 horas.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca