O salón introduce en Arousa tecnoloxía italiana que permite depositalo lixo sin ter que entrar en contacto co recipiente

A Feira Multisectorial expón máis de 200 marcas comerciais

Data da nova: 10/10/08

As patentes máis recientemente introducidas nos mercados internacionais entran na comarca de Arousa da man do Recinto Feiral FEXDEGA. Ademáis da tecnoloxía de cerramentos presentada pola empresa arousana Extrugasa, a 39 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA achega ata Vilagarcía un sistema que permite eliminar “para sempre” a humidade das casas e a firma italiana Italian Techno Sales (I.T.S) expón varios artigos hixiénicos que permiten dende depositar o lixo sen ter que entrar en contacto co cubo ata introducir nos pes, cun aparello automático, bolsas hixiénicas para cubrir o calzado. 

 

            En concreto, ITS que está representada en Vilagarcía polo portugués Antonio Ricardo, oferta un dispensador de xabón que funciona con un sistema automático sensible a presencia das mans, un cubo para o lixo que tamén se abre con so achegar as mans, evitando todo contacto co lixo que xa estea alí depositado, así como outros aparellos, entre eles un tan práctico en hospitais e centros onde se exixe a máxima limpeza que, con tan so meter o pe, acciona un sistema mecánico que permite calzalo con bolsas hixiénicas. 

 

            O Salón multisectorial, que estará aberto ao público ata o vindeiro domingo, día 12 de outubro, ten expostas máis de 200 marcas comerciais de todo tipo de sectores: alimentación, institucional, limpeza e medio ambiente, tecnoloxía, construcción, xardinería, menaxe, textil, agasallos, mobiliario…

                       

            A feira estará aberta dende as 12.00 ata as 21.00 horas.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca