Mobiliario, decoración e textil, os productos que máis busca o público en FEXDEGA

Data da nova: 11/10/2008

                                   

            A Feira Multisectorial FEXDEGA entra na súa recta final mañá, domingo, día 12 de outubro, despois de ter recibido público procedente de múltiples localidades galegas, dende Forcarei ata Marín, pasando por distintos municipios de O Salnés, O Barbanza e tamén doutras localidades da provincia de Pontevedra maioritariamente.

 

            Nas enquisas realizadas entre o público visitante, os asistentes ao salón responderon que acuden á feira por lecer (máis que por a necesidade de mercar algún producto), aínda que logo rexistran  contactos para comprar máis adiante. Segundo sinalan, os productos que máis lles satisfai atopar é mobiliario e decoración, aínda que tamén textil e calzado. Non obstante, os vendedores de coches tamén sinalan que son moitos os visitantes que se achegan ata os seus postos para interesarse polos vehículos que expoñen e é importante reseñar que os vendedores de seguros rexistran contactos de xeito moi continuo.

 

            A prensa diaria e o boca a boca son os medios que sinalaron os visitantes coma o método polo que lles chegou información acerca da existencia do salón.

 

            En canto á pregunta de que valoren de 1 a 3 os seguintes aspectos da feira: productos, cafetería, aparcamento e limpeza, as respostas atopadas maioritariamente son 2 e 3.

 

            No apartado de suxerencias, hai quen apuntou que debería haber máis productos para nenos.

            O Salón entra mañán na súa recta final en horario de 12.00 a 21.00 horas

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca