Capital do Moble en FEXDEGA entre o 8 e o 16 de novembro

PRENSA FEIRA PORTUGUESA: Arrancou a montaxe da maior feira de mobiliario portugués en Galicia

Data da nova: 04/11/08

Empezou, onte (día 3 de novembro), a montaxe da 2ª Capital do Moble de Vilagarcía de Arousa. Os expositores participantes van a presentar ao público galego as máis recentes novidades en mobiliario e decoración, coa tradicional calidade da Capital do Movel.

Neste momento, xa se atopan instalados en Vilagarcía de Arousa decenas de profesionais encargados do transporte e montaxe dos stands que, a partir do 8 de novembro, estará patente no pabellón de expositores de FEXDEGA. As empresas de mobiliario de Capital do Movel atopanse a preparar os máis pequenos pormenores da feira, co obxecto de ofrecer aos seus visitantes unha mostra de mobiliairio promovido dende a excelencia. É un mobiliario feito ao gusto dos galegos que, como xa se ten observado, son grandes apreciadores da oferta da Capital do Moble portuguesa


Lémbrese que os 8.000 metros cadrados da superficie de exposición de FEXDEGA estarán unha vez máis totalmente ocupados con mobiliario en todos os estilos procedente da principal región productora de Portugal e representando preto de 200 marcas.


A mostra de mobiliario e decoración da Capital do Movel é, de novo, unha oportunidade para que os portugueses e os galegos se volvan a encontrar, trocando experiencias e coñecementos nas máis variadas áreas.


A feira é tamén un convite para que os galegos visiten Paços de Ferreira e se apaixonen pola gastronomía, pola paisaxe e polo patrimonio edificado.

 

INFORMACIÓN DE PRENSA: Luis Barros

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca