2ª Feira de Mobiliario, Decoración e Iluminación da Capital do Moble

A maior exposición de mobiliario en Galicia comeza mañá

Data da nova: 07/11/08

A Capital do Moble regresa mañá, sábado, día 8 de novembro, a Vilagarcía de Arousa, en Galicia. Ata o 16 de novembro, no pabellón de exposicións de FEXDEGA, os 8.000 metros cadrados da área de exposición estarán totalmente ocupados con mobiliario en todos os estilos procedente da principal rexión productora de Portugal, representando preto de 200 marcas en mobiliario, decoración e iluminación.


A inauguración da feira está fixada para as 15.30, coa presencia confirmada dos presidentes da Cámara Municipal (Concello) e da Asociación Empresarial de Paços de Ferreira (AEPF), Pedro Pinto e Pedro Vieira de Andrade. Estarán tamén presentes neste certamen o vereador de Desenvolvemento Económico, Joaquín Pinto e o vicepresidente da AEPF, Hélder Moura, así como representantes das autoridades locais.


Do clásico ao contemporáneo, pasando polo rústico e polo moderno, a 2ª Feira de Mobiliario, Decoración e Iluminación da Capital do Moble en Vilagarcía de Arousa promete ofertar aos visitantes numerosas solucións para cada fogar, dende o gusto máis exixente ao minimalista.

A cualidade e o deseño ofertado polas empresas portuguesas oriundas da rexión da Capital do Moble é sobradamente coñecido e recoñecido en Portugal e en España. Varias pezas de mobiliario da Capital do Moble xa gañaron importantes premios de deseño nacionais e internacionais, o que supón unha contribución para o prestixio que esta industria tradicional ten acadado a nivel mundial. O mobiliario portugués ten presencia asidua nos fogares de España, Francia, Suecia, Reino Unido, Angola, Estados Unidos ou Dubai. Portugal rexistra unha cuota de mercado en Europa dun 11% en exportacións de mobiliario.

A Feira poderá ser visitada os sábados entre as 11.00 e as 22.00, os domingos, entre as 11.00 e as 20.00 e os días de semana entre as 16.00 e as 21.00

 


Información de Prensa: Luis Barros

e.mail: imprensa@capitaldomovel.pt
Tl: 93 777 44 89

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca