A 2ª Feria de Mobiliario portugués remata o domingo


A Mostra de mobiliario portugués despídese de Vilagarcía

Data da nova: 15/11/08

 domingo remata a 2ª edición da maior feira de mobiliario portugués que se realiza en Galicia. A Capital do Móvel, a principal rexión portuguesa de mobiliario e decoración, trouxo ata Vilagarcía de Arousa, ao Parque de Exposicións de Fexdega, as máis recentes novidades en calidade e deseño.
A vasta oferta disponible atópase aínda ata às 20.00 horas do domingo, sendo de salientar que, ata o momento, xa entraron na feira 12.000 visitantes, os cales destacaron a variedade da oferta e a calidade xenérica dos produtos en exposición.
Os expositores están satisfeitos cos resultados da feira ata o día de hoxe, en primeiro lugar polo número de contactos efectuados entre a poboación galega e, en segundo, pola promoción que supón esta feira da rexión de Capital do Moble.
Paços de Ferreira será, uma vez mais, un destino procurado por moitos españois nos próximos meses, onde poderán apreciar, máis alá da oferta gastronómica, cultural e patrimonial, a maior oferta de mobiliário do país, xa que no concello están concentrados preto dun millón de metros cadrados de área de exposición adicado a este sector.
A feira poderá ser visitada no sábado entre as 11.00 e as 22.00 horas e no domingo entre as 11.00 e as 20.00 horas.


Información de prensa: Luís Barros
imprensa@capitaldomovel.pt | Telef.: 93 777 44 89

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca