Público galego destaca a calidade
do mobiliario portugués

Casi 18.000 visitas acudiron a II Exposición de Mobiliario Portugués

Data da nova: 16/11/2008

A Capital do Móvel despediuse hoxe, domingo, de Vilagarcia de Arousa. Do 8 ao 16 de Novembro, o pavellón de exposicións de Fexdega, acolleu preto de 200 marcas de mobiliário e decoración procedentes da principal región de mobiliario portuguesa. En total, casi 00000 visitantes aproveitaron esta feira para coñecer a vasta colección que Paços de Ferreira ten para mostrar, do clássico ao moderno, do rústico ao contemporâneo.
Os obxectivos propostos inicialmente foron, así, conseguidos, esperándose que o número de contactos realizados se transformen en negocios concretos. As perspectivas apuntan a un volume de negocio potencial de varios milleiros de euros a curto prazo.
A aposta pola internacionalización que ten sido perseguida por Capital do Móvel continúa, deste xeito, a dar os seus froitos. A través da promoción do mobiliario made in Capital do Móvel e da calidade do servicio prestado polos empresarios de Paços de Ferreira, a Associación Empresarial tem conseguido valorizar a principal marca do municipio, verdadeiro símbolo do prestíxio que este sector de actividade ten vido a conquistar.
O sector do mobiliario de madeira en Portugal está a pasar por unha fase de reestructuración e aposta pola creación dun cluster organizado que contribúa a mellora continua do diseño e dos modelos de producción, así como que sirva para internacionalizar aínda máis o mobiliario nacional.
A calidade nacional xa é sobradamente recoñecida, como se pode comprobar no feito de que  mercados exixentes como Espanha, França, Suécia, Reino Unido, Angola, Estados Unidos ou Dubai sean compradores habituais do mobiliário português. Estas feiras contribúen a continuar coa afirmación do produto made in Capital do Móvel.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca