O Salón Infantil e xuvenil de FEXDEGA contará con atraccións eléctricas, deportivas e pista de patinaxe

 O evento abrirá as súas portas o día 20 de decembro


Fexdega recupera a pista de xeo como atracción estrela en Galinfancia

Data da nova: 12/12/08

A Fundación FEXDEGA recuperá este ano a pista de patinaxe sobre xeo, coma unha oferta didáctico deportiva para o período de Nadal, tras tres anos nos que ou ben non houbo pista de xeo ou ben non se celebrou o salón xuvenil de FEXDEGA. Galinfancia abrirá as súas portas o día 20 de decembro coa pista de patinaxe como atracción estelar o que xa está servindo de aliciente para grupos deportivos que están chamando a FEXDEGA para poder participar nesta actividade.

 Ademáis da pista de patinaxe, o salón infantil e xuvenil de FEXDEGA contará coas seguintes atraccións: saltamontes, dragón ambulante, simulador de realidade virtual, scalextri infantil, pista de coches de choque, unha plataforma baby 2002, camas elásticas, e globo inchable con tobogán.

Estas atraccións estarán activas dende o día 20 de decembro ata o 11 de xaneiro, mentras que a pista de patinaxe manterá abertas as súas portas ata o 20 de xaneiro.

Tamén os horarios serán diferentes, segundo sexa a actividade. Así, a pista de xeo estará aberta de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00, mentras que o resto das actividades, sólo abrirán de 17.00 a 22.00. Os sábados e domingos tanto pista de xeo coma o resto das actividades estarán funcionando de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00. Os días 24, 31 e 5 abrirá a pista de xeo de 11.00 a 14.00, o resto permanerá pechado e os días 25, 1 e 6 abrirá todo de 17.00 a 22.00.

  Coa recuperación de Galinfancia na súa versión máis completa (con pista de patinaxe sobre xeo) FEXDEGA pretende ofertar unha actividade lúdico deportiva que enchan o espacio que deixan as vacacións de Nadal nos escolares da comarca, así como dar aos xóvenes unha excusa saúdable para invertir o seu tempo de lecer e as familias unha alternativa para o esparcimento conxunto de pais e fillos sen ter que sair da comarca.

 O acceso a Galinfancia será gratuito e cada unha das atraccións terán un coste único de 1,5 euros, agás a pista de patinaxe que costará 6 euros cada pase de 45 minutos. Os colexios terán descontos na pista de patinaxe, de xeito que aos que acudan en grupos de centros, cada entrada saíralles por 3 euros.  Esta tarifa será aplicable sólo polas mañáns e será sólo para menores de 14 anos que acudan con colexios. Os grupos organizaranse con un máximo de 50 rapaces por quenda. Os interesados en beneficiarse desta promoción poden facelo recurrindo ao teléfono 635 96 74 15.       

 A recuperación da pista de patinaxe sobre xeo en Galinfancia foi posible grazas a colaboración do Concello de Vilagarcía.  

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca