300 pares de patíns permitirán a práctica deportiva a afeccionados de todas as tallas de máis de seis anos. Aemáis da pista de xeo, Galinfancia acollerá unha ludoteca, xogos deportivos e atraccións eléctricas

600 metros cadrados de xeo presidirán o parque de atraccións que se instalará en Galinfancia

Data da nova: 18/12/08

Unha pista de xeo natural de 600 metros cadrados de superficie (20 x 30) e 10 centímetros de espesor, onde poderán patinar unhas 120 persoas en cada sesión de 45 minutos, presidirá o parque de atraccións en que quedará convertida FEXDEGA a partir do próximo día 20 de decembro. 

 Galinfancia acollerá tamén xogos eléctricos típicos de festas. Estas atraccións estarán activas dende o día 20 de decembro ata o 11 de xaneiro, mentras que a pista de patinaxe manterá abertas as súas portas ata o 20 de xaneiro. Ademais, haberá  un taller sobre cómo elaborar os propios xoguetes, que pon en marcha o Concello de Vilagarcía os días  22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro.

 Respecto ao funcionamento da pista de patinaxe, a organización disporá dun total de 300 pares de patíns con tallas comprendidas entre a 25 e a 45 cos que satisfarán a demanda dos patinadores que poderán acceder a pista  a partir dos seis anos. Tres  monitores atenderán as caídas e vixiarán a zona de patinaxe para evitar colisións. Entre as súas funcións están obrigar aos patinadores a rondar sempre no mesmo sentido. Deste xeito pretendese evitar os choques e garantir a seguridade. Tamén por iso están prohibidas as piruetas e atravesar a pista polo centro. O que non farán os monitores e ensinar a patinar.

 Por motivos de seguridade, é obrigatorio o uso de guantes,  de pantalón largo e de manga larga. Tamén por este motivo, as cuchillas dos patíns non estarán excesivamente afiladas.

 Segundo sinala a organización, a pista de patinaxe regarase todas as noites para manter o espesor.  

 Ademáis da pista de patinaxe, o salón infantil e xuvenil de FEXDEGA contará coas seguintes atraccións: saltamontes, dragón ambulante, simulador de realidade virtual, scalextric infantil, pista de coches de choque, unha plataforma baby 2002, camas elásticas, e globo inchable con tobogán.

 A pista de xeo estará aberta de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00, mentras que o resto das actividades, solo abrirán de 17.00 a 22.00. Os sábados e domingos tanto pista de xeo coma o resto das actividades estarán funcionando de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00. Os días 24, 31 e 5 abrirá a pista de xeo de 11.00 a 14.00, o resto permanerá pechado e os días 25, 1 e 6 abrirá todo de 17.00 a 22.00.

 O acceso a Galinfancia será gratuíto e cada unha das atraccións terán un coste único de 1,5 euros, agás a pista de patinaxe que costará 6 euros cada pase de 45 minutos. Os colexios terán descontos na pista de patinaxe, de xeito que aos que acudan en grupos de centros, cada entrada saíralles por 3 euros.  Esta tarifa será aplicable sólo polas mañáns e será sólo para menores de 14 anos que acudan con colexios. Os grupos organizaranse con un máximo de 50 rapaces por quenda. Os interesados en beneficiarse desta promoción poden facelo recurrindo ao teléfono 635 96 74 15.  

     Respecto a ludoteca ou taller de elaboración de xoguetes, está pensado para nenos de 3 a 12 anos, que se dividirán en dous grupos, de 3 a 6, e de 6 en adiante, e terá carácter gratuito.  O seu funcionamento será de 11.00 a 13.00 horas. Os interesados deberán inscribirse previamente no Rexistro do Concello de Vilagarcía. A actividade acollerá sólo a 100 chavales. Neste taller os rapaces aprenderán a non consumir tantos materiais e crearán os seus propios xogos e xoguetes a partir de materiais de reciclaxe.

 A Fundación de Deportes municipal aportará, pola súa banda, mini porterías e canastas para a práctica deportiva dentro de Galinfancia. 

 A recuperación da pista de patinaxe sobre xeo en Galinfancia foi posible grazas a colaboración do Concello de Vilagarcía.  

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca