A exhibición terá carácter gratuito para o público


Dous subcampeóns de patinaxe sobre xeo realizarán unha exhibición mañá en FEXDEGA

Data da nova: 22/12/08

 

            Dous subcampeóns de España de patinaxe artístico sobre xeo farán mañá, as 18.00 horas, unha exhibición no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía, no marco da celebración da feira de lecer infantil e xuvenil GALINFANCIA.

 

            Trátase de Javier Raya, subcampeón de España e representante en Campeonatos do Mundo Junior e medallista internacional e Celia Robledo, subcampeona de España e Campeona de Madrid e representante en competicións internacionais.

 

            Ambos patinadores desplázanse exclusivamente desde a capital de España para estar mañá en FEXDEGA realizando esta exhibición. A Exhibición durará aproximadamente media hora e terá carácter totalmente gratuito para o público. Cada un dos dous patinadores realizará dous pases.

 

            Esta a primeira vez que Vilagarcía acolle un espectáculo destas características, xa que nas outras ocasións en que houbo pista de xeo en FEXDEGA non se realizou ningunha demostración.

                       

            O acto terá lugar na pista de xeo instalada en FEXDEGA, unha pista de 600 metros cadrados de superficie (20 x 30) e 10 centímetros de espesor, onde ao longo da tarde se poderá patinar no horario habitual.  

 

            A recuperación da pista de patinaxe sobre xeo en Galinfancia foi posible grazas a colaboración do Concello de Vilagarcía.       

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca