A Asociación de Comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta, entregará entradas gratis aos seus clientes que realicen 50 euros de compra en un ou en varios establecementos. As entradas pódense canxear na sede da asociación.
Os tickets poden estar referidos a unha sola compra ou xuntar varios tickets de distintos artigos.
A presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, anunciou esta campaña de colaboración coa pista de xeo nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá en FEXDEGA, na que tamén estiveron os patinadores subcampeóns de España Celia Robledo e Javier Raya.
Ambos patinadores animaron ao público arousano a subirse a uns patíns sobre xeo para así conseguir a popularización deste deporte.
Celia Robledo e Javier Raya desplazaronse exclusivamente desde a capital de España para estar hoxe en FEXDEGA realizando unha exhibición. Ambos mozos dedican aproximadamente tres horas de diarias ao entrenamento nesta práctica deportiva e levan practicando dende os cinco e os sete anos, respectivamente.
Esta a primeira vez que Vilagarcía acolle un espectáculo destas características, xa que nas outras ocasións en que houbo pista de xeo en FEXDEGA non se realizou ningunha demostración.