PRENSA BASKET CUP: Fernando Romai será o padriño da Vilagarcía Basket Cup 2008
Data da nova: 26/02/2008
Fernando Romai apadriñará a Vilagarcía Basket Cup 08
O vindeiro xoves 28 de febreiro, nas instalacións da ADEGA Martín Códax de Cambados, celebrarase a presentación oficial da décimoterceira edición da Vilagarcía Basket Cup.
Fernando Romai será o padriño do torneo. Tal e como sucedeu nestes últimos anos, a organización volveu a apostar por un persoeiro de primeiro nivel para esta labor. Pola adega Martín Códax, xa pasaron ao longo deste tempo personaxes como Aíto García Reneses, Pepu Hernández, Chichi Creus, Ernesto Seguro de Luna ou Anicet Lavodrama, no ano 2007.
O acto, ao que están convidados tódolos representantes da vida social de Vilagarcía, así como os patrocinadores e colaboradores da Basket Cup, consiste nunha pequena recepción por parte dos representantes da adega Martín Códax e logo o vídeo inagural do torneo. O padriño falará un pouco sobre o campionato e despois os medios de comunicación, terán o seu turno para facer preguntas.
Tra-lo acto inagural, os asistentes serán convidados a un viño naturalmente albariño Martín Códax e a unha charla de amizade entre tódolos asistentes.
OS ABONOS ESTARÁN Á VENDA A PARTIR DO VENRES 29 DE FEBREIRO EN CAIXANOVA, EN MOTO BAZAR E NO BAR PABILLON
A partir deste venres 29 de febreiro, poranse a venda os 500 abonos da Vilagarcía Basket Cup, que o ano pasado de igual xeito que nos últimos cinco anos, foron esgotados antes do inicio de campionato.
A través da páxina web de Caixanova ou por medio do teléfono 902, tódalas persoas de fora de Vilagarcía poderán ter acceso a compra dos abonos do torneo. Serán un total de 200 os que se poidan comprar por internet para o disfroite dos catro días do noso campionato.
En Vilagarcía haberá dous puntos de venda, os habituais na tenda de bicis Moto Bazar e no bar Pavillón de Fontecarmoa. Deste xeito, a organización pon a disposición de todos vós diferentes posibilidades de compra.
Os prezos, serán os mesmos que nos últimos anos. O abono para os catro días de competición terá un custe de 14 euros para os maiores de 14 anos, mentres que o abono infantil terá un custe de 6 euros.
Tamén poderán comprarse entradas diarias. O custe destas entradas é de 6 euros para os adultos e de 3 euros para os menores.
Como se fixo na creación do Vilagarcía Arena, a grada principal, a branca no ano 2007, será a elixida para os abonados, aínda que cambiará o lugar para facilita-lo acceso a todos os seguidores fieis do campionato.