A Fundación FEXDEGA pon en marcha un plan para incentivar a entrada a Galinfancia entre todo o público. Consiste en repartir invitacións para patinar e para subir as atraccións de feira que están funcionando no Salón Infantil e Xuvenil de FEXDEGA. Concretamente, beneficiaranse desta promoción para a pista de patinaxe as 5 primeiras persoas que cheguen ao Recinto pola tarde e se pasen polas oficinas da Fundación FEXDEGA. Estas persoas recibirán un pase para unha sesión de patinaxe, mentres que as 45 seguintes persoas que se pasen polas oficinas de FEXDEGA recibirán un pase para as atraccións eléctricas e mecánicas que están no Recinto.
Esta promoción é válida para os días 29, 30, 2, 7, 8 e 9. Todas elas recibirán un pase para subir e disfrutar dunha sesión nunha atracción. No caso das atraccións eléctricas e mecánicas será o propio agasallado o que poderá elixir en qué atracción desexa gozar do seu convite.
O agasallo conséguese pasando pola oficina a deixar os datos nunha lista de comprobación. Eso si, poderá recoller a entrada unicamente de 17.00 a 18.00 horas, e sempre que chegue dentro dos 50 primeiros.
Pola súa banda, a Asociación de Comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta, entregará entradas gratis aos seus clientes que realicen 50 euros de compra en un ou en varios establecementos. As entradas pódense canxear na sede da asociación. Os tickets poden estar referidos a unha sola compra ou xuntar varios tickets de distintos artigos.
Con estas medidas preténdese chegar a todos os públicos, para que ninguén se quede sen acudir a Galinfancia, e promocionar o salón ao mesmo tempo.
O horario da pista de xeo pola semana é de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00, mentres que as atraccións estarán abertas só de 17.00 a 22.00. Os sábados e domingos abren todos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00. Os días 24, 31 e 5 solo abre a pista de xeo, de 11 a 14.00 e os días 25, 1 e 6 abre todo, de 17.00 a 22.00.
Aínda que as atraccións pechan as súas portas o día 11 de xaneiro, a pista de xeo estará aberta ata o día 20 do vindeiro mes.