O presuposto do novo exercicio ascende a 1,2 millóns de euros

O novo xerente de FEXDEGA aposta por continuar a mesma liña de traballo do anterior responsable

Data da nova: 29/12/08

O Padroado da Fundación FEXDEGA celebrou esta mañá a súa primeira reunión con Juan Luis Callón Cameán ao frente da xerencia. Ao término do mesmo, a directora xeral de Comercio, Ana María Rúa Souto, quen presidiu o encontro, presentou a Callón Cameán aos medios.

 O novo responsable de FEXDEGA sinalou a súa intención de manter unha línea de continuidade respecto a xestión do xerente anterior, así como manifestou o interés en buscar novos operadores que traian a FEXDEGA outros eventos.

 O Padroado aprobou o orzamento para o exercicio de 2009, que é similar ao do 2008, isto é, ascende a 1,2 millóns de euros.

 Por outra banda, o Padroado decidiu non acoller a celebración do salón do moble portugués por considerar que é unha feira de comerciantes que pode supoñer unha competencia desleal para os comerciantes locais.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca