Onde estamos

Como chegar

Terra:


En Tren

Tren

A estación de ferrocarril de Vilagarcía atópase na liña do chamado Eixo Atlántico que une as cidades A Coruña-Vigo-Oporto-Lisboa.

No percorrido Vigo-Pontevedra-Vilagarcía-Padrón-Santiago-A Coruña e A Coruña-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Pontevedra-Vigo circulan unha vintena de trens diarios e a súa práctica totalidade teñen parada na cidade arousana.

Distancias en tren:

  • Santiago: ½ hora
  • Vigo: 50 minutos

FEXDEGA e RENFE teñen asinado un convenio de colaboración que permite descontos a tódolos expositores. Pregunte nas nosas oficinas por esta vantaxe antes de decidir o seu traslado en tren


En Coche

Autovia

Vilagarcía está conectada coas vías de alta capacidade a través da autopista A-9, que une as cidades galegas de Ferrol e Vigo e enlaza directamente coa autoestrada portuguesa que ata Oporto e Lisboa.

A A-9 leva así mesmo, de xeito directo, a autovía que une Galicia coa Meseta Central, a través de Ourense.

As vías rápidas que percorren o Barbanza e o Salnés converten á cidade arousana nun punto estratéxicamente situado para calquer evento.

Distancias ás principais cidades:

  • Santiago: 35 minutos
  • Pontevedra: 20 minutos
  • Vigo: 45 minutos
  • A Coruña: 1h 30 minutos

Mar:

A Vilagarcía tamén é posible chegar por mar, aínda que neste caso as opcións redúcense considerablemente. Pode facerse nalgúns dos cruceiros que, desde abril e ata outubro, fan escala no porto de Vilagarcía, ou bén de forma particular, disfrutando das excelentes condicións para a navegación que ofrece a ría de Arousa.

Fexdega Vista Aérea do Porto de Vilagarcía de Arousa

Aire

O Recinto Feiral Fexdega, de Vilagarcía de Arousa, dista tan só 40 kilómetros dos aeroportos de Santiago de Compostela (Lavacolla) e Vigo (Peinador). 112 kilómetros o separan do aeródromo de A Coruña (Alvedro).

A autopista A-9 comunica o recinto coas tres terminais:

  • A)  Peinador: 40 minutos.
  • B)  Lavacolla: 40 minutos.
  • C)  Alvedro: 1 hora e 15 minutos.
Fexdega FEXDEGA atopase equidistante dos aeroportos de Santiago e Vigo

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca