A Feira Multisectorial FEXDEGA, de Vilagarcía, é un evento de carácter xeral, aberto a todo tipo de público e cunha tradición de visita de 39 anos. Non en van, o salón é pioneiro no panorama feiral galego e significou un punto de referencia para o resto das exposicións comerciais de carácter xeral que se crearon en Galicia nos últimos 25 anos.
O público do entorno de FEXDEGA inclúe, ano tras ano, a Feira xeral de Vilagarcía como unha cita tradicional e ineludible. Trátase, en moitos casos, de visitas en familia ou por grupos de asociacións e amigos.

CARACTERÍSTICAS DO SALÓN: O salón conta, edición tras edición, con preto dun centenar de expositores que ocupan a totalidade da nave de exposicións. (8.000 metros cuadrados). A mostra adica algunhas das súas rúas a distintos colectivos cos que traballa ano tras ano: A Asociación de comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta e Traballadores Autónomos. A exposición divídese en catro grandes áreas: unha zona institucional, outra industrial, unha terceira adicada ó interiorismo e mobles, e a cuarta a pequenos artículos. FEXDEGA promociona entre as asociacións do seu entorno visitas para os días laborables. Desta forma, lógrase dispersar a entrada de público e favorécese a atención do expositor a tódolos visitantes.