- 1. Gañar cuota de mercado e reforzar unha determinada imaxe de marca da forma máis económica e eficiente.
- 2. Establecer unha interacción directa entre comprador e vendedor, cara a cara.
- 3. Obter un alto volumen de información nun corto prazo de tempo.
- 4. Establecer contactos comerciais: encontrarse con clientes habituales e/ou captar novos clientes.
- 5. Tomar o pulso ó mercado e coñecer as tendencias actuais e futuras.
- 6. Comprobar o grao de satisfacción dos clientes reais ou potenciais respecto ós nosos productos e os dos competidores.
- 7. Obter feedback inmediato na introducción de novos productos e/ou melloras nos xa existentes.
- 8. Intimar con outros profesionais do sector para comentar problemas e novas tendencias.
- 9. Ter unha idea clara acerca da competencia: Quen é e cal é a posición da nosa entidade con respecto ós demais. Tamén poder coñecer ós clientes da competencia.
- 10. Participar en xornadas e actos paralelos que axudan a evaluar a evolución e tendencias do mercado.
- 11. Oportunidade inmellorable para identificar posibles proveedores, subcontratistas, representantes, importadores e distribuidores.
- 12. Acelerar o proceso de decisión de compra.
- 13. Xerar oportunidades de exportación. As feiras proporcionan o acceso ó mercado internacional ó mellor prezo e constitúen unha auténtica plataforma na estratexia de internacionalización das empresas.
- 14. Investigar sobre a política de prezos da nosa entidade respecto á competencia.
- 15. Contribuír a reforzar a imaxe da empresa.