Recinto Feiral
Recinto » Aparcadoiro
Aparcadoiro FEXDEGA
O Recinto Feiral FEXDEGA oferta a expositores e clientes 450 plazas de apardoiro situadas na parte posterior da nave feiral e outras 300 de titularidade municipal situadas na parte frontal.
Este amplo espazo de aparcadoiro atópase no centro de Vilagarcía o que permite a expositores e visitantes de FEXDEGA facer uso de tódolos servizos que oferta a cidade sen ter que desprazar o automóvil.
A amplitude do estacionamento posibilita, así mesmo, a utilización deste espazo para exposición exterior e para outras múltiples actividades que requiran espazos abertos. Dadas as súas características, téñense celebrado xa nesta zona competicións de trial, grandes concertos e outras actividades.
Vehículos estacionados no aparcadoiro FEXDEGA
Aparcadoiro de titularidade municipal