Onde estamos
Que ver
Parque Miguel Hernández
Vilagarcía ofrece numerosos atractivos que o viaxeiro non debe perder. Nuns casos é preciso descubrilos persoalmente, pero outros vale a pena recurrir á iniciativa municipal, comarcal ou privada.
A oferta varía e renóvase cada ano, polo que é aconsellable visitar a Oficina de Turismo, a fin de coñecer as últimas propostas.
Para tomar un primeiro contacto con Vilagarcía, nada mellor que deixarse perder polas súas rúas. Pero tamén cabe a posibilidade de facelo casi a vista de paxaro, subíndose para elo a algúns dos seus miradores; ou seguindo algunha das súas rutas establecidas ou incluso dende o mar, a bordo de algún dos catamaráns que surcan as rías, especialmente no verán.
A continuación ofrecemoslles unha guía en formato PDF que vostede pode descargar para ampliar a información sobre o que pode ver en Vilagarcía de Arousa: miradores, parques e xardíns, rutas, exposicións e museos, feiras e concursos, etc.
Guía para coñecer Vilagarcía
O noso agradecemento o Concello de Vilagarcía de Arousa pola cesión da Guía para coñecer Vilagarcía.