FEXDEGA e Club Baloncesto Vilagarcía rubrican un acordo para realizar a Basket Cup durante catro anos
A Fundación FEXDEGA e o Club Baloncesto Vilagarcía chegaron esta semana a un acordo para realizar no Recinto Feiral FEXDEGA a Vilagarcía Basket Cup e unha feira de basket, similar á celebrada o ano pasado, durante a lo menos catro anos, esto é ata o 2012.
A fórmula adoptada para este acordo e a coorganización. O pacto implica que FEXDEGA e o Club Baloncesto Vilagarcía repartiranse distintas funcións do evento, de xeito que a comercialización e a loxística do certame así como toda a organización deportiva correrán por conta do Club Baloncesto Vilagarcía, mentres que FEXDEGA asesorá nos temas feirais e dirixirá o protocolo.
Esta é a primeira vez que o Club Baloncesto Vilagarcía acada un pacto similar para dar continuidade ao torneo. O acordo permitiralle consolidar unha disputa deportiva de envergadura que xa conta 13 edicións e que precisaba dun espacio coma FEXDEGA para albergar un encontro de talla internacional. Do mesmo xeito, permite dar continuidade a cita realizada en FEXDEGA nos dous últimos anos.
Este compromiso coincide co anuncio de realizar este ano e durante os anos impares un mundial oficioso de seleccións sub 18. Así, a partir de agora a Vilagarcía Basket Cup será nos anos pares un torneo de equipos sub 20 e nos impares un mundial de seleccións sub 18.
O acordo acadado coa Fundación FEXDEGA permite tamén garantir este novo modelo de torneo, xa que deste xeito no ano 2011 o Club Baloncesto Vilagarcía volverá a contar con un escenario garantido para repetir o mundial de seleccións que da comezo este ano.
Por outro lado, a Vilagarcía Basket Cup xa ten confirmados dous equipos para o mundial de seleccións deste ano. Son España e Alemaña, segundo informou Alberto Blanco, presidente do Club.