A pista de xeo recibiu a visita de 7.000 persoas durante o mes que estivo aberta ao público

Data da nova: 21/01/2009

A pista de patinaxe sobre xeo, que estivo aberta ao público dende o 20 de decembro ao 20 de xaneiro no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía, recibiu a 7.000 persoas.
A cifra supera todas as expectativas, xa que as previsións iniciais de FEXDEGA estimaban unha entrada de 5.000.
Os fins de semana, sobre todo os domingos, foron as xornadas de maior asistencia, aínda que tamén foi moi significativa a entrada do día de Nadal e do día primeiro de ano.

A pista de xeo contou coa participación de persoas dunha ampla franxa de idade, dende os seis anos ata os 40 ou máis.

Este actividade contou con público procedente de toda a comarca.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca