A Feira de Rebaixas e Lecer do Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía, EXPOFERTA ZONABERTA, abrirá as súas portas o próximo día 6 de marzo con case o dobre de stands que na última edición. En total, son 80 postos con preto dun cento de expositores, xa que moitos acoden con stand compartido. Na edición de 2007, a última que se celebrou, eran pouco máis de 40.
A apertura da feira a comerciantes non socios de Zona Aberta propiciou a entrada masiva de expositores e tamén conseguiu que entraran sectores pouco habituais noutras edicións coma xogos de ordenador, saneamentos ou tallas grandes. En concreto, a feira reunirá sectores tan variados coma roupa infantil, xuvenil e de adultos, animais, bicicletas, calzado, lencería, xoiería, peletería, complementos, roupa de deportes, óptica, xoguetería, enxoval de fogar, perfumería, deportes, productos de perruquería, bixutería, electrodomésticos, mobiliario e decoración e, incluso, estampacións para uñas e spa.
Os expositores proceden non solo de toda a comarca do Salnés, Vilagarcía, Cambados, Vilanova e Sanxenxo, se non que tamén acoden de localidades moito mais afastadas do núcleo de comercialización de Zona Aberta como Santiago, Bueu, Pontecaldelas, Poio, Baiona, Boiro, A Pobra, A Estrada, Marín ou Lalín.
En total, son 3.500 metros cadrados de exposición, 1.500 máis que nas anteriores citas feirais de EXPOFERTA-ZONABERTA.
O horario de EXPOFERTA ZONABERTA, o salón coorganizado pola FUNDACIÓN FEXDEGA e a Asociación de comerciantes de Vilagarcía, ZONA ABERTA, será este ano de 12.00 a 22.00 horas. O público asistente pagará unha entrada simbólica de 1 euro.
Esta é a cuarta edición da Feira de Rebaixas de Vilagarcía, que durará do venres, 6 ao domingo, 8 de marzo. Por primeira vez o salón celébrase coincidindo co fin da temporada de rebaixas de inverno xa que nas anteriores ocasións tivo lugar ao final do verán.
O salón contará cunha zona de recreo para nenos que permitirá aos pais disfrutar das compras e da visita pola feira, mentres os rapaces están entretidos xogando.