3.500 persoas visitaron Expoferta durante a primeira xornada

Data da nova: 07/03/2009

Un total de 3.500 persoas visitaron a feira de stocks do Recinto Feiral FEXDEGA, Expoferta Zonaberta durante a primeira xornada do salón, isto é, a de onte, venres.
 A asistencia superou as previsión da organización para a xornada inaugural xa que se trataba dunha xornada laborable para a maioría dos visitantes. Sen embargo, a afluencia de público foi constante ao longo de toda a tarde.

 Tamén hoxe sábado, á hora de redactar este comunicado o fluxo de entrada de visitantes era constante polo que se prevé unha asistencia igual ou superior a do venres.

 A organización sorteou un total de 15 agasallos entre os visitantes que mercaron unha entrada e cumplimentaron unha enquisa que serve para coñecer de onde procede o público, onde viu a publicidade e se está satisfeito co que ofrece á feira.. Este sorteo, que se repite cada noite dos tres días que dura a feira, ás 21.00 horas, tivo como beneficiarios da primeira xornada a: Francisco Javier Arosa Gómez; Laura Diéguez Suárez, de Cambados; Duarte Leal Lens, de Vilagarcía; María José Valeirán Vigo; de Dodro; Maricarmen Cara Taibo, de Vilagarcía; Francisco Javier Pujales Barreiro, de Vilagarcía; Seba María Castro Lijó, de Carril; Alberto Gómez Castro, de Vilagarcía; Iván Tiago Freire, de Vilagarcía; Pilar Santos Costa, de Vilagarcía; María José Pérez Lueiro, de Vilagarcía; Justo García Pérez, de O Grove; Miguel Martínez Brianes, de Vilagarcía; Nicol Oreja, de Vilagarcía e Antonio Manuel Dos Santos Boiro, de Boiro.   
 
 Expoferta Zonaberta é a feira de stocks máis grande das que se teñen celebrado ata o de agora na provincia e unha das máis grandes das celebradas en Galicia xa que a cifra media de postos en cada un destes salóns é de 30 ou 40. Nos casos máis sobresaíntes acádase a cifra de 60 expositores, pero moi rara vez se superan os 80. 

 Tamén os descontos acadan aquí unha porcentaxe moi elevada, en moitos casos, sobre todo en confección e calzado elévanse ata un 80%. Incluso hai casos nos que os comerciantes venden por debaixo do prezo de custe porque pretenden liquidar toda a mercadoría.

 Expoferta Zonaberta caracterízase pola venda de marcas de calidade. Cada expositor trae productos de 6 ou 7 marcas distintas. En total, suman máis de 600 marcas representadas.
 
  O horario de EXPOFERTA ZONABERTA, o salón coorganizado pola FUNDACIÓN FEXDEGA e a Asociación de comerciantes de Vilagarcía, ZONA ABERTA, é este ano de 12.00 a 22.00 horas. O público asistente pagará unha entrada simbólica de 1 euro.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca