Un grande elenco de artistas da talla de Vetusta Morla, Love of Lesbian, The Rumble Strips ou Havalina actuarán esta fin de semana no Recinto Exterior de FEXDEGA agrupados en torno ao xa popular Festival do Norte.
As portas abriranse o venres 1 de maio para dar espera as actuacións que se sucederán ao longo da tarde-noite. Ese día no escenario de Estrella Galicia actuarán Ragdog, ás 20.15; Templeton, ás 21.00; Love of Lesbian, ás 22.00; Herman Dune, ás 23.00; X-Wife, ás 00.15 e The Whip, a 01.25.
No escenario de Caixanova Nsaio actuarán Nouvelle Cuisine, ás 17.30; Manos de Topo, ás 18.15 e Russian Red, ás 19.10.
E no escenario FDN Dance Club estarán Florent y yo, ás 2.25 e Isra DJ (Sala Karma), ás 3.25.
O Sábado, día 2 de maio, no escenario de Estrella Galicia, actuarán Havalina, ás 20.15; Cuchillo, ás 21.00; Standstill, ás 22.00; The Rumble Strips, ás 23.05; Vetusta Morla, ás 00.15 e Delorean, a 01.25.
Este mesmo día, no escenario de Caixanova Nsaio actúan Noise Project ás 17.30; Extraperlo, ás 18.15 e La Buena Vida, ás 19.10
E no escenario FDN Dance Club estarán Rober Bodegas DJ, ás 2.25 e Onurb Blwos Dj (Monstrou de un sólo ojo), ás 3.25.
O abono de dous días costa 25 euros en venda anticipada e 30 euros en taquilla. Este abono da dereito a pernoctar en tenda de campaña. A entrada de un día costa 17 euros en venda anticipada e 21 en taquilla. A promoción especial de Movistar pola que o abono anticipado costaba 20 euros xa rematou. A organización facilita pulseiras para que unha vez adquirida a entrada se poida entrar e sair do recinto todas as veces que se queira.
As entradas pódense adquirir nas seguintes tendas de discos:
Santiago
Gong Discos, Discoprecio, A Reixa Tenda
A Coruña
Nonis, Portobello
Pontevedra
Vázquez Lescaille, Froiz (Cobián), Tipo
Vigo
Elepé, Tipo, Gong Discos
Ourense
Peggy Records
Vilagarcía
Disco Froiz
O Grove
Pub Vinilo
Tamén se poden mercar on line en Tick Tack Ticket:
www.ticketmaster.es ou no seguinte teléfono 902150025.
O acceso ao festival non permite a entrada de bebidas pero sí de comida, aínda que despois de entrar no recinto do concerto atópanse stands nos que se pode mercar comida.