Mañá, sábado, dará comezo no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, a 53 Exposición Nacional de C.A.C, a 54 Exposición Nacional C.A.C. de Galicia, e a 23 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B, ou o que é o mesmo, tres desfiles de beleza canina nos que os cans compiten por un punto que lles será valedeiro para ser campións nacional ou internacional da súa raza respectivamente.
As mascotas acoden a estes desfiles como mínimo durante cinco veces ao ano se queren chegar a ser campións, xa que son necesarios catro puntos e en cada exposición unicamente se pode obter un punto. Para lograr estas calificacións en tan so cinco desfiles implica que se ten que tratar dun animal de moita calidade, preparado para desfilar e moi ben coidado esteticamente. Normalmente, os cans participan nuns oito desfiles antes de obter ese título. Si se ten en conta que para participar en cada exposición, cada propietario debe asumir gastos de inscrición, de quilometraxe, aloxamento e comidas, champús e coidados estéticos, coidados veterinarios e outros, un so desfile coma o que se celebra en FEXDEGA este fin de semana supón para o propietario dun can uns 600 euros que poden chegar a ser 5.000 ao ano si se queren conseguir os catro puntos nas distintas probas que se celebran por toda a xeografía española para obter o título de campión nacional. Así o explicou o presidente da Sociedade Canina Galega, Manuel Mera Rancaño.
Boa parte deses 600 euros por propietario quedarán este ano en Galicia, máis concretamente na comarca de Arousa, xa que hai que ter en conta que as probas que se celebran este ano en FEXDEGA son as únicas que hai en toda a comunidade galega e que os participantes proceden de todas as provincias españolas.
De xeito paralelo ao desfile, FEXDEGA albergará unha exposición comercial na que haberá pensos, camisetas, xoguetes para cans, colares, pins e pegatinas, bordados, champús, acondicionadores e desparasitadores.
Cans da Garda Real
Ademais, para o público xeral realizarase unha exhibición dos cans da Garda Real. Trátase de cans que traballan habitualmente formando un equipo de 50 animais e 30 persoas, que actúan a diario no Pazo da Zarzuela e adícanse fundamentalmente a rexistros en vehículos e a vixiancia nocturna. O seu traballo é custodiar as Súas Maxestades os Reis de España e aos xefes de estado que visitan o país.
A unidade, que se adestra no Pazo do Pardo, conta tamén con cans especializados en detección de drogas e en rescate e busca de persoas.
En concreto, en FEXDEGA estará un equipo formado por 8 persoas e 6 cans. Serán o asesor técnico do equipo, o subteniente Alonso Jimeno, con 6 guías e un relator. 5 monitores estarán con animais de seguridade e un deles cos destinados a detección de explosivos.
Esta exhibición terá lugar ao remate do día do sábado, ou sexa, sobre as 19.00 horas, e ao finalizar a mañá do domingo, ou sexa, sobre as 13.00 horas. A continuación de cada unha destas exhibicións haberá demostracións de adestramento civil e deportivo do Club Canino de Torvi, de Granada.
2.000 persoas en Vilagarcía e o seu entorno
Na exposición canina de FEXDEGA haberá este fin de semana máis de 1.300 cans. Estímase que con estas mascotas se desplazarán unhas 2.000 persoas a Vilagarcía e o seu entorno. Sólo da organización son unhas 70. Hai cans procedentes de EE.UU., Francia, Italia e Portugal.
En total, en FEXDEGA veranse este fin de semana unhas 120 razas distintas. A maioría desfilarán o domingo a mañá, mentres que o domingo á tarde veranse os mellores exemplares de cada raza.
Tamén hai que destacar que o sábado realizarase una exposición monográfica rexional de Schanauzer e haberá un especial de buldog francés.