A 53 Exposición Nacional de C.A.C, a 54 Exposición Nacional C.A.C. de Galicia, e a 23 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B, abriron hoxe as súas portas no Recinto Feiral FEXDEGA de Vilagarcía coa presencia da alcadesa, Dolores García Giménez, o tenente de alcalde, Xosé Castro Ratón, e a vicepresidenta de FEXDEGA Rosa Abuin Rodríguez, entre outras autoridades.
A inauguración tivo lugar as 17.00 horas, se ben as probas viñeron celebrándose dende as 9.00 da mañá. Finalmente, un siberian husky de Segovia resultou poseidor do título de mellor exemplar da exposición e un fox terrier de Vigo quedou en segundo lugar.
O posto de mellor das razas españolas foi para un Gos D´atura catalá, de Madrid, o mellor cachorro, para un can de auga español, de A Coruña; o mellor veterano para un can de auga español, tamén de A Coruña e a mellor parella para un schnauzer gig negro, de Toledo.
Numerosas persoas seguiron pola tarde a final do concurso así como as exhibicións de Petrus Impact e de cans da Garda Real. Estas exhibicións repetiranse mañá domingo, entorno as 13.00 horas.