A 53 Exposición Nacional de C.A.C, a 54 Exposición Nacional C.A.C. de Galicia, e a 23 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B pecharon hoxe as súas portas ao público no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, cun balance de visitantes superior ás 6.000 persoas, tendo en conta entradas de taquilla, propietarios de cans e acompañantes, xuices, organización e invitacións repartidas.
A maioría dos galardóns repartidos foron a parar este ano a cans galegos, a pesar de que o mellor exemplar da exposición foi un Siberian Husky, de Segovia. Así, o segundo mellor exemplar foi un bulldog francés de Madrid, e o terceiro, un whippet, de Pontevedra.
Na categoría de mellor das razas españolas, o primeiro foi un ca de bestiar, de Ferrol; o segundo, un mastin español, de Lugo e o terceiro un can de auga español, de A Coruña.
Na categoría de cachorros, o primeiro foi un mastín español, de León; o segundo, un pomeranía de Madrid, e o terceiro, un galgo afgano, de A Coruña.
Un premiado de Vilagarcía e dous de O Grove
O mellor veterano foi un cocker spaniel inglés, de Vilagarcía. No apartado de grupo de cría, o mellor, un clumber spaniel, de O Grove; o segundo; un setter irlandés vermello, de Portugal e o terceiro, un carlino, de Santiago.
Na categoría de parellas, o mellor, un can de auga español, de Ferrol; o segundo, un clumber spaniel, de O Grove e a terceira mellor, un beagle, de O Grove.
Segundo o regulamento da exposición, os gañadores do concurso internacional proclámanse tamén campeóns da Exposición Nacional. Os gañadores acumulan as súas puntuacións nos diferentes concursos nos que participan para obter a categoría de campións nacionais e campións internacionais, segundo a modalidade na que concursan.