O Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, abrirá as portas da 40 edición da súa Feira Multisectorial o vindeiro día 9 de outubro, cunha boa expectativa de asistencia de público si se ten en conta que a campaña de promoción realizada abrangue a toda a comunidade autónoma galega. A campaña de comunicación tamén suporá unha maior diversidade de medios.
No que aos expositores se refire, en xeral, as empresas amosaron este ano maior interese que na edición de 2008, ao pesar da crise económica, polo que as expectativas de participación existentes a casi tres semanas da data de inicio do salón, son boas e as reservas acadan case a totalidade da nave do Recinto Feiral.
FEXDEGA Multisectorial terá este ano unha grande superficie dedicada ao mobiliario e a decoración, unha circunstancia determinada polo esforzo realizado dende a FUNDACION FEXDEGA por mostrar ao público do Salón Multisectorial a exposición de productos que máis viñan demandando nos últimos anos (as sondaxes realizadas mostraban que unha maioría de visitantes acudían por ver productos de decoración, mobiliario, tendencias para o fogar, decoración exterior, elementos de ornato para construccións e todo o relacionado coa vivenda). Así mesmo, o sector de mobiliario e decoración tamén é dos que máis se decantan por asistir a tradicional feira de Vilagarcía.
.
Chemineas, decoración exterior en pedra, aislamentos para construcción, sillóns de masaxe, tarteiras programabeis, menaxe, adegas, piscinas ou paisaxismo son algúns dos elementos que se atoparán na exposición, onde tamén haberá firmas automobilísticas, maquinaria agrícola, pequeno comercio, institucións, perruquería e outros moitos productos.
A FUNDACION FEXDEGA volveu a elixir a ponte do Pilar para a celebración do salón debido ao éxito de público acadado nos últimos anos. Así, a feira celebrarase do 9 ao 12 de outubro. O horario será de 12.00 a 21.00 horas, de xeito que todo o mundo teña ocasión de visitalo fora da xornada laboral. O prezo da entrada é de 3 euros, aínda que os nenos e maiores de 65 anos pagarán só 1 euro.
FEXDEGA afondará, de novo, en estratexias de marketing que permitan aumentar o público de semana para evitar as aglomeracións propias do domingo ou da festividade do Pilar. Neste marco sitúanse as promocións con asociacións e colectivos culturais, aos que se lles invita a visitar o salón gratuitamente durante as xornadas de venres e sábado (baixo reserva).