A institución lusa Turismo do Porto e Norte de Portugal ofreceu hoxe unha degustación de productos desta comarca lusa a un grupo de autoridades de Arousa, coa finalidade de dar a coñecer as excelencias turísticas do país veciño entre os cidadáns galegos. Estiveron presentes a vicepresidenta de FEXDEGA e concelleira de Turismo de Vilagarcía, Rosa Abuín, o vicepresidente da Deputación provincial José Juan Durán Hermida, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde Aragunde, o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Puertas Castillo e o seu xefe de Recursos Humáns, Jesús Paz Arias, o tenente de alcalde de Vilagarcía e concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, o xerente da Mancomunidade de O Salnés, Ramón Guinarte, e o xerente de FEXDEGA, Juan Luis Callón Cameán, así como representantes da Asociación AHITUVI, entre outros.
Entre as excelencias turísticas que promociona o stand do Porto e Norte de Portugal figuran os cruceiros polo Río Doiro, con distintas modalidades. Hainos que empezan en Porto e finalizan na mesma cidade, de Porto a Régua e con regreso a Porto, Porto-Castelo de Paiva e Porto, Porto-Pinhao, Régua-Pinhao, Porto Pocinho-Barca d´Alva- Porto, entre outros.
Tamén ofertan rutas pola terra de Tras os Montes, por o alto Támega e Barroso, unha Ruta Internacional do Viño, campos de golf, arquitectura, modernidade...
Chemineas de alcohol aptas para crear ambientes
Por outro lado, outras das novidades que está chamando máis a atención na feira son as chemineas alimentadas con bioalcohol, que crean agradables ambientes sen ocupar moito espacio e con pequeno gasto de combustible. O producto pode ser instalado no interior dunha parede estreita que faga de división a dúas estancias sen levantar máis de un metro, xa que non precisa de campana. O Empresario Alejandro Fernández, que leva xa varios anos presentando últimas tendencias para climatizar estancias na Feira Multisectorial FEXDEGA oferta este ano este producto que está xa arraigado en restaurantes de Portugal. O seu obxectivo é tratar de introducilo na hostalería galega.
Outra das novidades é a presentación para todo o público galego da furgoneta Nissan NV 200 de ampla estructura e grande versatilidade.