Os expositores da 40 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA participaron hoxe nun almorzo conxunto ofrecido pola FUNDACIÓN feiral no que se trataba de festexar o 40 aniversario do salón e o mesmo tempo compartir un “cofee break” a metade de feira, no que se puidera sondear os resultados das primeiras xornadas para os expositores. O balance esgrimido pola meirande parte deles, tras soplar as velas da tarta, foi que o sábado resultou unha xornada moi boa. Todos eles confiaban en mellorar estes resultados o domingo e o luns, día do Pilar.
Por citar algúns exemplos, Marta Conde, con unha empresa dedicada a organización de vodas, sinalou que foron moitas as mozas que se achegaron ao seu stand a interesarse polos productos que oferta. A casa da Esqueira, de Vilagarcía, mostrou que lle solicitaron algúns orzamentos para distintos traballos, Alejandro Fernández, con distintos modelos de chemineas, tamén se mostrou contento polo interese que espertou o seu producto entre o público; Sant Yago, que, entre outros productos, trae a FEXDEGA unha máquina de ximnasia pasiva, aseverou ter vendido dúas xa na primeira xornada de feira e, incluso, algún representante do pequeno comercio manifestou estar contento polos primeiros resultados. Os expositores lusos tamén se mostraron contentos, en xeral, pola promoción que están a realizar en Arousa.
En canto aos contactos cos expositores portugueses, merece especial atención citar que na reunión celebrada o sábado no stand de Turismo do Porto e Norte de Portugal, o xerente da Mancomunidade de O Salnés, Ramón Guinarte, e os máximos responsables da citada institución portuguesa entablaron os primeiros contactos para solicitar conxuntamente un proxecto de cooperación transfronteriza dos fondos Feder, da Unión Europea con obxecto de crear unha rede conxunta de turismo gastronómico e do viño.
A Mancomunidade de O Salnés xa tiña traballado en anos anteriores nun proxecto similar. A primeira vez que solicitaron estes fondos, fixérono a título individual, ou sexa, so os concellos de O Salnés, e resultáronlles denegados. Posteriormente, iniciaron contactos coas Cámaras lusas para presentalos conxuntamente pero encomiáronos a esperar a que se creara o organismo que estes días se presenta en FEXDEGA, para que o puideran facer a través da citada institución. Agora a Fundación Feiral de Vilagarcía serviu de vía de contacto para que esta iniciativa poida dar os seus primeiros pasos.
Ramón Guinarte sinalou que a alianza co país veciño vailles a servir para poder acceder a fondos transfronterizos de distinto tipo, non so para a Red de Turismo e Gastronomía.