Senegal participará en ACUI 2010, que se celebrará en marzo
Data da nova: 02/02/2010
A Feira Internacional de Acuicultura de Galicia, ACUI 2010, que terá lugar o vindeiro mes de Marzo continúa co seu afán de internacionalización e de amosar o que noutros países se está a facer no terreo acuícola e contará nesta, a súa cuarta edición, coa presencia da Axencia Nationale de L`Aquaculture senegalesa.
A representación senegalesa únese deste xeito á participación de empresas foráneas procedentes dos seguintes países: Italia, Holanda, Noruega, Reino Unido e Alemaña que xunto ás misións inversas procedentes de EEUU e Brasil convertirán unha vez máis ACUI no referente internacional da acuicultura que se ten convertido dende a súa primeira edición no 2005.
A Agence Nationale de L`Aquaculture ten como principal misión:
• Identificar as ubicacións acuícolas e proveer da técnica pertinente aos profesionais da acuicultura.
• Promover a iniciativa privada favorecendo a creación de empresas acuícolas.
• Promover a cooperación internacional en materia acuícola
• Favorecer a investigación especializada en acuicultura.
As estratexias adoptadas pola Agence Nationale de L`Aquaculture oriéntanse a:
• O desenvolvemento da acuicultura no medio rural mediante a identificación dos emplazamentos óptimos e a familiarización coas ferramentas técnicas.
Unha acuicultura extensiva e semi-intensiva particularmente adaptada ás condicións dos productores locales, favorecendo tanto a alimentación coma os ingresos. En resumen, mellorar as condicións de vida da población rural.
• A promoción da inversión privada tanto nacional como extranxeira. Orientado principalmente á exportación e cun efecto directo e positivo sobre la balanza comercial de Senegal.