Acuitrace presentarase en ACUI coma un proxecto para dotar ás empresas de trazabilidade

Data da nova: 15/02/2010

Dentro do desenvolvemento das Xornadas Técnicas que coma en edicións anteriores teñen lugar en paralelo á feira ACUI, que se celebrará entre o 2 e o 4 do vindeiro mes de Marzo, pechouse a presentación do Proxecto “ACUITRACE” .
O Proxecto "ACUITRACE" é unha iniciativa da Diputación Provincial de Huelva financiada pola Consejería de Agricultura y Pesca da Junta de Andalucía, do que obxectivo principal é o de dotar ás empresas acuícolas andaluzas dun sistema de trazabilidade.
A trazabilidade dos alimentos é un proceso obrigatorio dende o 1 de xaneiro de 2005 e consiste na "posibilidade de atopar e seguir o rastro dun alimento, a través de
todas as etapas de producción, transformación e distribución". Regulamento 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello de 28 de xaneiro de 2002.
A través dela conseguese garantir a seguridade alimentaria, logrando unha maior confianza nos consumidores e un incremento na competitividade empresarial, conseguindo unha maior eficacia administrativa na xestión de incidencias.
 
 OBXECTIVOS DE ACUITRACE
• Elaborar unha metodoloxía que permita realizar a trazabilidade nas empresas acuícolas participantes no proxecto piloto e que poida ser extrapolable ao resto do sector.
• Desenvolver un sistema informático que permita xestionar a trazabilidade nos ciclos productivos e empresas.
RESULTADOS DE ACUITRACE
• Ferramenta modular e versátil que permite realizar un control exhaustivo da trazabilidade nas empresas piloto.
• Sistema informático que controla todos os parámetros vencellados coa trazabilidade, con independencia dos distintos ciclos productivos das empresas: hatchery, nursery e engorde.
• Garantía para o consumidor a saber que o producto que consume ten seguido todos os estándares regulamentarios en materia trazable.
• Instrumento de traballo práctico cun alto grado de adaptabilidade á mayoría das necesidades do empresariado acuícola.

Esta presentación terá lugar o dia 4 ás 5 da tarde.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca