Máis de 60 expositores estarán presentes en ACUI, que se celebrará a primeira semana de marzo

Data da nova: 19/02/2010

Co inestimable apoio do sector productivo galego, a feira volve en esta, a súa cuarta edición a ser o evento no que todos os actores do sector acuícola se atoparán durante tres días no pabellón feiral de FEXDEGA en Vilagarcía.
Xunto ao sector productivo galego representado polo Consello Regulador e AROGA estarán tamén presentes os productores do Mediterráneo tanto valencianos coma andaluces. Entre estes últimos cabe destacar a participación de CTAQUA, Centro Tecnológico de Acuicultura de
Andalucía, que nos presentará as súas derradeiras novidades en canto á presentación de filete de
dorada ahumada, una nova aposta para conseguir unha maior cuota de mercado e un claro
exemplo da innovación levada ao campo da comercialización.
Se importante é a presencia do sector productivo non o é menos a participación do sector da maquinaría e a tecnoloxía, cun peso específico de fabricantes galegos así como con
unha importante representación internacional: Noruega, Holanda, Dinamarca, UK, Italia,
Alemania e Chile.
Cabe destacar a participación este ano da Agence Nationale de L`Aquaculture de Senegal
que presentará en ACUI outro enfoque da actividade acuícola onde prima a mellora do
aporte alimenticio da xente de áreas rurais frente ao proxecto empresarial.
Dende a organización realizouse unha invitación formal ao presidente da Xunta para que acuda
á inauguración do evento.
Dentro das actividades que terán lugar durante os tres días cabe destacar a presencia de
Martín Berasategui o día 3 de Marzo dentro do espacio ACUICOOK ao que lle seguirá o día 4 a
participación de Xosé Torres. Con este espacio a feira aposta pola posta en valor do
producto acuícola.
Así mesmo e como elemento dinamizador e coa colaboración de FEXDEGA levarase a cabo unha visíta lúdica polo Salnés visitando o IGAFA e a adega Martín Codax.
En cuanto ás previsións de visitantes sinalar que as preinscripcións que estamos
recibindo a través da web fan augurar unha moi boa asistencia, manexos estimacións
de 5.000 visitantes, así coma, unha vez máis, congregar en FEXDEGA unha amplia representación
internacional de profesionais vencellados coa acuicultura.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca