PRENSA BASKET CUP: O Vilagarcía Arena ultima a montaxe do torneo de Semana Santa
Data da nova: 13/03/2008
O Vilagarcía Arena xa ten prácticamente rematado o seu montaxe. Tan só faltan que cheguen as canastras que se porán o luns e a creación do resto das zonas para ter todo preparado cara o inminente inicio da Basket Cup.
Os equipos irán chegando de forma paulatina. O primeiro conxunto en chegar será o Mega Aqua Monta de Serbia que aterrará en Peinador o domingo pola noite xa que xogará dous encontros amigables. O primeiro o luns, 17 de marzo, ante o Peixe Galego en Marín e o segundo no pavillón do Pombal nun dos actos do 30 aniversario do Xuventude de Cambados. Tanto na vila de Marín como en Cambados, o conxunto serbio terá unha recepción oficial no concello e cos seus alcaldes.
A selección Galicia Xoven estará no Vilagarcía Arena o luns a partir das 11,30 horas para facer o seu primeiro adestramento como equipo, algo que tamén sucede con algúns equipos nacionais, e repetir adestramento esa misma tarde a partir das 18.00 horas. O martes pola mañán fará o seguinte adestramento para xogar outro encontro amistoso en Marín esa mesma tarde.
Tra-los serbios e a selección galega serán os lituanos do Zalgiris Kaunas os que chegarán a Vilagarcía. Virán vía Oporto e estarán para a cea do luns 17. O martes pola tarde, farán unha sesión de adestramento a partir das 18.00 horas no Vilagarcía Arena.
O conxunto ruso do Khimki, chegará na madrugada do luns ao martes, e durante a xornada do día 18 terá o seu primeiro contacto coa pista principal do torneo, adestrando a partir das 19.00 horas.
Os catro equipos, polo tanto, estarán xuntos na xornada do martes, uns adestrando no Vilagarcía Arena e outros xogando en Marín e Cambados.
O día 19, en torno ao mediodía, coa primeira xornada da Vilagarcía Basket Cup Base xa en marcha, chegarán os xogadores e adestradores do Combinado Nacional de Veteráns que xogarán ese día a partir das 20.00 horas frente ao Combinado Galego.
Os equipos nacionais chegarán na mañán do día 20 debido a que no mércores 19, os conxuntos do Cai, Barcelona, Unicaja e Real Madrid, teñen competicións oficiais de Leb, Leb Prata ou Leb Bronce.
Tódolos equipos voltarán a súas casas na xornada do domingo 23 de marzo excepto os serbios do Mega Aqua Monta que o farán no luns 24 de marzo dende Vigo.
Fexdega queda totalmente transformada co torneo da Basket Cup. A instalación de 7.000 m2 será divida en 3 zoas ben diferenciadas: o Vilagarcía Arena, a zoa lúdica e de stands e as catro canchas de basket da Vilagarcía Basket Cup Base.
TORNEO DE BASE
Para millorar ao máximo as opcións dos rapaces da Basket Cup Base (280 xogadores no día 19, 260 no segundo, 450 no venres 21 e 480 no sábado 22 de abril), a organización decidiu crear catro campos en Fexdega e ter unha pista auxiliar no pavillón da rúa Castelao para facer uns horarios millores a tódolos equipos, e que os pequenos poidan disfrutar ao máximo do espectáculo da Basket Cup.
Asimesmo, Caixanova e a Consellería de Pesca ofertarán diversos agasallos aos 1.500 participantes do torneo de base, no que se adxuntan as regras de competición, así como o calendario definitivo.
Os equipos portugueses, que subiron de forma moi notable a súa presencia no torneo, están encadrados nas xornadas de venres e sábado, xa que tanto mércores coma xoves non son festivos en Portugal