5.000 personas visitaron ACUI durante os tres días de feira

Data da nova: 08/03/2010

A organización da Feira Internacional de Acuicultura, ACUI 2010, amosa a súa satisfacción pola celebración do evento ao ter acadado os obxectivos propostos nesta edición. Foron ao redor de 5.000 os profesioniais que se achegaron a Fexdega entre o 2 e o 4 de marzo.
En canto á nacionalidade dos visitantes, foron moi diversas. A ACUI chegaron profesionais dos tres continentes e, por países, rexistraronse visitantes de Canadá, Estados Unidos, Brasil, Venezuela, Chile, Túnez, Marruecos, Senegal, Italia, España, Portugal, Alemania, Noruega y Holanda. Todos eles fixeron posible que a única feira de acuicultura do sur de Europa pechárase con un balance positivo para organizadores e expositores. Estes últimos realizaron numerosos contactos, poñendo de manifesto a diversidade de novidades que se presentaron nesta cuarta edición.
É de resaltar tamén o éxito logrado coa innovadora proposta AcuiCook, xa que a presencia de prestixiosos cociñeiros, como Martín Berasategui e Xosé Torres, permitiu que os productores galegos presentaran o seu producto a algúns dos principais prescriptores de consumo. Estas demostracións trouxeron a ACUI aos futuros cociñeiros que forman parte actualmente das escolas de hostelería galegas.
Sinalar así mesmo que tanto o Consello Regulador do Mexilón coma a Asociación de Productores de Rodaballo Gallego cederon ao asilo de Vilagarcía o producto que tiñan para degustación e que non foi consumido.
Desde a organización de ACUI agradécese o esforzo realizado por todos os expositores, así como aos visitantes profesionais que acudiron durante os tres días da feira e ao equipo do recinto feiral.
Tras o éxito logrado esta semana, a organización porase de inmediato a traballar na que será a V edición de ACUI.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca