Expoferta Zonaberta, a 5ª Feira de Promoción do Comercio, coorganizada pola Asociación de Comerciantes de Vilagarcía e a FUNDACIÓN FEXDEGA, será inaugurada mañá da man da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez. O salón conta con máis de 70 expositores, unha cifra moi próxima ao número de empresas que participan cada ano na Feira Multisectorial FEXDEGA, se ben é certo que no salón xeral de FEXDEGA os expositores acoden con máis metros cadrados.
Tamén a variedade de sectores é moi similar ao da feira máis antiga de FEXDEGA, xa que no salón poderanse atopar dende roupa e calzado (que é o máis abundante) ata piscinas ou maquinaria para hostalería, pasando por material informático, mascotas ou mobiliario de baño.
Unha das principais vantaxes de visitar esta feira é que os consumidores terán un espacio para que os nenos poidan xogar. Trátase dunha ludoteca, de 40 metros cadrados, atendida por, a lo menos, tres profesionais con un título relacionado co ámbito da educación e con ampla experiencia en traballo con nenos en actividades de tempo libre. En concreto, unha delas ten experiencia en traballar con nenos de primaria e outra con rapaces de Educación Infantil.
Ademais, os pais, nais ou familiares poderán seguir día a día os xogos nos que participaron os rapaces, mentres eles visitaban a feira xa que a organización ten unha páxina web (Ágora Aberta) www.agoraaberta.es na que se informará da programación das actividades, e onde se exporán as fotos dos participantes do día anterior.
O horario desta ludoteca será de 16.00 a 22.00 horas durante os tres días (venres, sábado e domingo) que permanece aberta a exposición do comercio.
Este servicio está patrocinado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vilagarcía.
Expoferta Zonaberta estará aberta dende mañá, venres, día 12, ao domingo 14 de marzo, con un amplio horario, de 12.00 a 22.00 horas, o que permitirá a afluencia de todo tipo de público.
Un dos datos máis sobresaíntes deste salón é a gran variedade de municipios galegos de onde proceden os expositores, dende Salceda de Caselas ata Noia. Tamén chama a atención, a diferencia doutras edicións, que este ano haberá firmas procedentes de Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo.
Igual que noutras ocasións, a entrada ao salón custará 1 euro.