Máis de 11.000 personas visitaron Expoferta Zonaberta durante os tres días de Feira

Data da nova: 14/03/2010

A falta de algo máis de dúas horas para o peche do salón, estímase que máis de 11.000  persoas visitaron a feira de stocks do Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, Expoferta Zonaberta, durante os tres días que durou a súa celebración.

 So na xornada do venres rexistráronse máis de 2.000 persoas, cifra que foi superada na xornada do sábado e tamén na do domingo. En concreto, a tarde do domingo foi cando se recibiu un maior número de visitantes.

 A organización considera un éxito a celebración desta feira tanto en número de expositores (inscribíronse máis de 70 establecementos comerciais) coma na cifra de visitantes.

  Expoferta Zonaberta caracterízase pola venda de marcas de calidade. Cada expositor traía productos de ata 10 marcas distintas. Hai que lembrar que os descontos acadaban un 80%.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca