A análise realizada pola Fundación FEXDEGA o día despois do peche da 5ª Feira de Promoción do Comercio, Expoferta Zonaberta, arroxa como resultado unha lectura positiva do salón xa que tanto os expositores, que eran maioritariamente de fóra de Vilagarcía coma os visitantes, que tamén procedían de toda a comarca, apostaron por FEXDEGA coma un centro de referencia para realizar as súas transacións.
Así, aínda que a crise deixouse ver no número de visitantes rexistrado, xa que foron uns 3.000 visitantes menos que no 2009 (na pasada edición foron 14.000 fronte aos 11.000 deste ano) e tamén se apreciou levemente no número de stands, ao inscribirse 3 expositores menos que na pasada edición (foron 77 este ano fronte a 80 do pasado exercicio), é importante reseñar a notable afluencia de público e empresas de fóra de Vilagarcía.
Concretamente, dos 77 expositores, un 76 % eran de fóra de Vilagarcía (58 stands), unha cifra moi similar á do ano pasado, cando dos 80 stands, 54 eran de fóra. Este é un dato moi significativo para a Fundación FEXDEGA xa que ven denotar que o Recinto Feiral de Vilagarcía é un atractivo escaparate para comerciantes de todo Galicia.
Respecto aos participantes da cidade arousana, dicir que este ano foron 19 e o ano pasado 26.
Tamén se detectou un importante número de visitantes de fóra da cidade, o que implica un forte poder de convocatoria por parte das acción que se rexistran no Recinto Feiral.
Expoferta Zonaberta é unha feira coorganizada pola Fundación FEXDEGA e a Asociación de Comerciantes de Vilagarcía Zonaberta que ten coma obxectivo prioritario a promoción do comercio, de aí que, debido a coxuntura de crise económica que se vive, os prezos dos stands foran este ano un pouco máis baixos que na edición de 2009. Ademáis, debido a esta situación de coorganización, os prezos para os socios de Zonaberta son máis económicos que para os non asociados.
Por outro lado, FEXDEGA é unha Fundación sen ánimo de lucro, na que os posibles beneficios que se obteñan pola celebración de eventos deben reinvestirse para os fins do propio Recinto, que é a organización de feiras e eventos que beneficien á cidade e a súa zona de influencia.