Máis de 16.000 personas accederon ao Recinto Feiral FEXDEGA durante a celebración
Data da nova: 22/03/2008
Vilagarcía, 22 de marzo de 2008
Máis de 16.000 personas accederon durante o mércores, xoves, venres e sábado da Semana Santa ao Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, con motivo da celebración da Vilagarcía Basket Cup, que inclúe un torneo internacional de baloncesto sub 20, o torneo de basket base e unha exposición que se celebra de xeito paralelo.
As xornadas que concentraron maior número de accesos foron a de hoxe, sábado, día 22 de marzo, na franxa horaria na que se disputaba o partido final do torneo, entre o Khimki, de Moscú, e o Unicaja- Málaga así coma nos tempos nos que tiñan lugar os concursos de triples e mates e o acto de clausura do evento, e a de onte, venres, día 21.
O xogo realizado polas seleccións galega e española de veteranos tamén espertou moito interese entre os visitantes, aínda que non acaparou tanto público coma os partidos dos equipos internacionais.
Asimesmo, a ludoteca e as atraccións ofertadas para os rapaces, que incluían inchables, taller de maquillaxe e outras actividades, mantiveron un cheo completo na zona onde se xogaban os partidos de base durante a meirande parte dos días.
As gradas, que rexistraron un cheo durante varias disputas, estiveron literalmente abarrotadas durante o encontro final entre o Kimky e o Unicaja, que pechou o torneo.