O secretario xeral da Federación Española do Viño e presidente da Comisión para a reforma da Organización Común do Mercado Vitivinícola, Pau Roca Blasco, incidiu esta mañán nas xornadas técnicas Winetech: “Novas tecnoloxías en viticultura e elaboración do viño” nas dificultades fiscais ás que se enfrenta no sector en ferramientas de comercialización como internet.
 
>>. As sesións, organizadas polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Empresa-Universidade Gallega (FEUGA), continuarán mañá na feira Vintech, abordando novas prácticas enolóxicas e casos de éxito de investigación aplicada.

Advierten de que o sistema de control de impostos impiden as vendas a adegas

Data da nova: 26/04/2010

O novo sistema de control de impostos especiais está impedindo a comercialización directa entre a adega e o consumidor final fóra das fronteiras nacionais. Así de tallante mostrábase esta mañá en Vilagarcía o secretario xeral da Federación Española do Viño e presidente da Comisión para a Reforma da Organización Común do Mercado Vitivinícola, Pau Roca Blasco, quen iniciaba a quenda de intervencións das xornadas técnicas Winetech: "Novas tecnoloxías en viticultura e elaboración do viño", que se celebran desde hoxe en FEXDEGA, na feira Vintech.

Os preto dun centenar de adegueiros e viticultores que participan destas sesións técnicas Winetech, asistiron este mediodía á conferencia de Pau Rosca para coñecer as posibilidades de internet como ferramenta de comercialización para os viños galegos. Na súa intervención, o secretario xeral da Federación Española do Viño incidiu nas actuais dificultades fiscais que supón o novo sistema de control de impostos especiais en Europa, que están impedindo aproveitar de forma óptima as posibilidades da comercialización directa a través da rede internet. Neste sentido, Roca Blasco, apelou á necesidade de favorecer un auténtico comercio a través da rede, na que se elimine a actual necesidade de intermediarios, comercializadores e distribuidores, para que as adegas galegas poidan chegar cos seus caldos ao consumidor final.

As xornadas, centradas en achegar ás empresas as necesidades de mellora e innovación e en ofrecer solucións concretas á cadea de produción, desde a vide á comercialización do viño, foron inauguradas esta mañá por Alejandra Álvarez de Mon Rego, directora de INGACAL; Francisco Javier Pereiro Pérez, director xeral de FEUGA, e Pedro Corbacho, director de Planner

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca