Vilagarcía, mércores, 2 de abril de 2008
O colectivo promotor, a FEGADE, estima a participación de 20 países
Os Campionatos Galego e Internacional de Dardos Electrónicos convocarán en FEXDEGA a uns 10.000 xogadores durante o mes de xullo
O evento manterá o Recinto ocupado a totalidade do mes, unha época na que habitualmente FEXDEGA non tiña ocupación
O Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, albergará durante tódolos fins de semana do vindeiro mes de xullo os Campionatos Galego e Internacional de Dardos Electrónicos, unhas probas que atraerán ata a cidade arousana a uns 500 participantes en cada xornada de venres e sábado e a un millar de personas nas xornadas dominicais, xa que é cando concurren as probas por parellas. En total, serán días de xogo tódolos venres, sábados e domingos do mes, para os que se esperan a lo menos 10.000 xogadores. Deste xeito, FEXDEGA terá plena ocupación durante unha mensualidade na que habitualmente non existía actividade no Recinto.
O organismo convocante, Afeccionados Galegos de Dardos e Dardos Electrónicos -Fegade-, optou por celebrar en FEXDEGA un evento internacional despois varios anos consecutivos logrando un incremento considerable dos participantes no campionato galego. Concretamente, no ano 2007 reuniron a 6.000 xogadores. Segundo as primeiras pesquisas realizadas, este colectivo espera a participación de participantes duns 20 países entre os que se atopan Yugoslavia, Italia, Francia, Portugal, Luxemburgo, Alemania ou Bélxica e da práctica totalidade dos municipios galegos.
As cifras, ás que habería que sumarlle aos acompañantes, convertirán a FEXDEGA nun foco de atracción de turistas e suporán un novo aliciente para a hostelería e a restauración da comarca.
Segundo expricou Miguel Vila, presidente da FEGADE, ésta é a primeira vez que se celebra en Galicia un campionato internacional de dardos electrónicos, si ben o pasado ano tivo lugar en A Coruña un campionato internacional de diana de pelo. O 90% destes torneos con carácter supranacional teñen lugar en Barcelona. Vila sinalou, asimesmo, que o 75% das inscripcións da cita do mes de xullo acostuman a corresponder a distintos participantes, se ben hai un 25% que concurren a distintas probas.
Ademáis dos citados campionatos, o evento que terá lugar en FEXDEGA contará con dúas probas infantís e xuvenís. As inscripcións están abertas ata unha semana antes do comezo de torneo, agás as probas de equipos que xa están pechadas a data de hoxe. As partidas do campionato galego son de balde, mentras que as das probas internacionais teñen unha cuota de inscripción.
O Concello de Cambados patrocina o Campionato Internacional Individual, que se denomina Trofeo do Albariño.
A Fegade conta coa colaboración da maior parte dos concellos da comarca para a realización deste campionato.
|